Son moitas as cartas aos Reis Magos que adquirimos de centros comerciais ou de diferentes
tendas, mais son practicamente todas en castelán, polo que... Que mellor forma de implicar os
rapaces e rapazas na normalización da lingua que darlles a oportunidade de realizar a súa propia
carta aos Reis Magos?
Con esta actividade pretendemos que o alumnado dirixido desde os centros de ensino deseñen
a súa carta, en galego. A carta gañadora imprimirase e repartirase entre os nenos e nenas de
Oleiros.
Poderá participar o alumnado de 5º e 6º de infantil e 1º e 2º de primaria, de forma individual
ou colectiva.
O alumnado poderá deseñar as cartas ata o 9 de decembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario