Para a celebración do Nadal, no noso Centro, propuxemos varias actividades. Entre elas, unha que nos gustou moito e na que participou todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.
A iniciativa consistía en formar unha Árbore de Nadal, con bólas de adorno. En cada unha das bólas, podían poñer unha palabra en galego relacionada co Nadal ou un desexo.
Na imaxe adxunta podedes ver o resultado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario