Páginas

mércores, 21 de decembro de 2022

A nosa Árbore de Nadal

Para a celebración do Nadal, no noso Centro, propuxemos varias actividades. Entre elas, unha que nos gustou moito e na que participou todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.


A iniciativa consistía en formar unha Árbore de Nadal, con bólas de adorno. En cada unha das bólas, podían poñer unha palabra en galego relacionada co Nadal ou un desexo.


Na imaxe adxunta podedes ver o resultado.




luns, 21 de novembro de 2022

Concurso: Carta aos Reis Magos

 


Son moitas as cartas aos Reis Magos que adquirimos de centros comerciais ou de diferentes tendas, mais son practicamente todas en castelán, polo que... Que mellor forma de implicar os rapaces e rapazas na normalización da lingua que darlles a oportunidade de realizar a súa propia carta aos Reis Magos?

Con esta actividade pretendemos que o alumnado dirixido desde os centros de ensino deseñen a súa carta, en galego. A carta gañadora imprimirase e repartirase entre os nenos e nenas de Oleiros.

Poderá participar o alumnado de 5º e 6º de infantil e 1º e 2º de primaria, de forma individual ou colectiva.

O alumnado poderá deseñar as cartas ata o 9 de decembro


 

luns, 12 de setembro de 2022

Benvid@s!!!

Moi bo día! Botamos a andar no camiño da dinamización da lingua galega no noso centro, o CEIP Juana de Vega.

Despois dun tempiño parad@s por diversas circunstancias, hoxe queremos darvos a benvida ao que desexamos que sexa un camiñar común a prol da nosa lingua.

Con este blog, buscamos que as familias saibades que actividades, ideas, proxectos, arroutadas... andamos argallando no noso centro cos obxectivos de:

 
Un saúdo agarimoso e aquí vos agardamos, con moita ilusión!

Letras Galegas 2024

Dende o EDLG do noso centro queremos poñer á disposición de toda a Comunidade Educativa os recursos seleccionados para esta data tan especia...