Páginas

luns, 29 de xaneiro de 2024

Xa é tempo de entroido!

No noso cole estamos traballando arreo para celebrar o entroido. Aquí vos deixamos os mandadiños do Meco para este curso:

venres, 20 de outubro de 2023

CONCURSO PARA ELABORAR A EXPOSICIÓN SOBRE LUÍSA VILLALTA

Está aberta a convocatoria para participar no concurso da exposición sobre a autora homenaxeada o Día das Letras Galegas de 2024. Clica na imaxe da autora para acceder ás bases:





mércores, 21 de decembro de 2022

Recomendacións bibliográficas para o Nadal


Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros achégannos as recomendacións bibliográficas para este Nadal cunha selección de libros e películas (en Galego e Castelán). 

Boas historias e bos libros para ler, divertirse e aprender; películas para gozar e compartir. Están nas Bibliotecas de Oleiros e pódense levar en préstamo.

Podes descargar as distintas propostas en:


GUÍA RECOMENDACIÓNS NADAL


Un saúdo e Bo Nadal a todos/as!!!!

A nosa Árbore de Nadal

Para a celebración do Nadal, no noso Centro, propuxemos varias actividades. Entre elas, unha que nos gustou moito e na que participou todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.


A iniciativa consistía en formar unha Árbore de Nadal, con bólas de adorno. En cada unha das bólas, podían poñer unha palabra en galego relacionada co Nadal ou un desexo.


Na imaxe adxunta podedes ver o resultado.




luns, 21 de novembro de 2022

Concurso: Carta aos Reis Magos

 


Son moitas as cartas aos Reis Magos que adquirimos de centros comerciais ou de diferentes tendas, mais son practicamente todas en castelán, polo que... Que mellor forma de implicar os rapaces e rapazas na normalización da lingua que darlles a oportunidade de realizar a súa propia carta aos Reis Magos?

Con esta actividade pretendemos que o alumnado dirixido desde os centros de ensino deseñen a súa carta, en galego. A carta gañadora imprimirase e repartirase entre os nenos e nenas de Oleiros.

Poderá participar o alumnado de 5º e 6º de infantil e 1º e 2º de primaria, de forma individual ou colectiva.

O alumnado poderá deseñar as cartas ata o 9 de decembro. 


 

Letras Galegas 2024

Dende o EDLG do noso centro queremos poñer á disposición de toda a Comunidade Educativa os recursos seleccionados para esta data tan especia...